No día de onte acudimos a Compostela co fin de apoiar a Plataforma Sindical que estaba a negociar o cumplimento dos acordos, facía frío intenso e a policia impediu que entraramos no edificio do SERGAS (achegamos fotos de Ferrol) a Administración entregou unha nova proposta que valoraremos na asamblea.
ASEMBLEA XERAL MARTES DÍA 24 DE NOVEMBRO DE 2009 AS 12 HORAS NO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
ORDE DO DÍA: NOVA PROPOSTA SERGAS
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPETO ÓS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
PARTICIPA, XOGÁMONOS MOITO
INFORMACIÓN DA ASEMBLEA
18.11.2009
PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA INFORMA
No día de onte, celebramos unha asamblea xeral no Hospital Arquitecto Marcide co obxecto do valorar a proposta do Sergas de dilatar no tempo o cumplimento dos acordos que xa tiñamos asinados e publicados en DOG.
O persoal rexeitou dita proposta. Acordouse continuar coas mobilizacións, barallando a posibilidade de intensificalas e incluso recrudecelas.
Mañá xoves día 19 ás 11 horas os delegados sindicais estamos convocados a unha concentración en Compostela diante do SERGAS durante a celebración da mesa sectorial que convocou a Consellería co único punto da orde do día de información sobre os acordos suspendidos.
Quén queira ir acompañarnos a Compostela será benvido.
POLADEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
POLO CUMPLIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
URXENTE: CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA XOVES 19
O SERGAS convoca unha Mesa Sectorial para este xoves día 19 ás 11 horas en Santiago co único punto na orde do día :
***Información sobre a situación de acordos
A CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS NO SERGAS TRASLADASE DO MERCORES A :
XOVES DÍA 19 ÁS 11Hrs
ACUDE: APOIA A MESA DE NEGOCIACIÓN
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
A palabra FOLGA está a soar con forza nas diferentes asembleas feitas estos días, o cabreo do persoal vai en aumento, despois da última proposta feita dende o SERGAS.
MOBILÍZATE NA DEFENSA DOS TEUS DEREITOS
MARTES 17: ASEMBLEA INFORMATIVA
16.11.2009
POLA DEFENSA DOS ACORDOS ASINADOS
Martes 17 de Novembro de 2009 Asemblea as 12:00 no salón de Actos
DEFENDE OS TEUS DEREITOS
DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA
¡ACUDE!
CCOO-CESM-CIG-CIAS-CSIF-SAE-UGT
ENTREVISTA EN TELEVISIÓN FERROL
CANAL 31 FERROL
Entrevista en espacio aberto:
Picando nas ligazóns seguintes podedes ver o documento emitido onte día 12 denovembro ás 20:30 horas, cunha duración total de perto de media hora, en catro apartados por iste orden:
Borrador. Proposta do SERGAS: condicionada as autorizacións e informes preceptivos.
PROPOSTA DE NOVO ESCENARIO TEMPORAL DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS DO SERGAS
O cumprimento dos preceptos da futura Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2010, no suposto de que se aprobe coa redacclon incorporada ao actual proxecto de Lei, suporá a suspension durante ese ano, motivada polas actuais circunstancias económicas excepcionais, dos acordos da Mesa Sectorial que suporian incrementos retributivos para o ano 2010. Con independencia do necesario cumprimento dese previsible mandato do lexislador, a Administracion Sanitaria ten manifestado as orqanizacións sindicais a sua vontade de garantir o cumprimento dos referidos acordos. Sobre estas bases, a administración e as organizacións sindicais constatan a necesidade de dotarse dun instrumento que inclua previsións e compromisos sobre a execucion temporal futura dos acordos que sexan suspendidos. Tratase asi, por unha parte, de recoñecer que o actual contexto económico claramente adverso condiciona a aplicación das melloras salariais acordadas para un colectivo tan relevante como o dos empregados publicos do Servizo Galego de Saude. Por outra, ratifícase a capacidade negociadora da Mesa Sectorial ao establecer no momento presente, incluso antes de que sexa efectiva a suspension legal, as previsions necesarias para ordenar no tempo o futuro cumprimento dos acordos vixentes. Polo demais, estas previsións sobre execución futura dos acordos veñen a resolver en grande medida a incerteza dos colectivos afectados sobre futuro dos seus incrementos retributivos.
1 Obxecto
A presente proposta ten por obxecto reprogramar no tempo o cumprimento dos incrementos retributivos anteriormente acordados na Mesa Sectorial para 0 periodo 2010-2012.
2 Incrementos retributivos
A caida de ingresos da Comunidade Aut6noma que motiva a medida de suspension antes mencionada, provoca a necesidade de definir un novo ambito temporal de aplicaci6n dos acordos xa asinados. Pero a pesares do cambio nas circunstancias econ6micas que estamos a vivir e necesario ó mesmo tempo garantir o cumprimento das melloras salariais pactadas, e establecer como prioritario o cumprimento dos acordos no momento que se produza unha recuperación económica reflectida nun aumento dos ingresos correntes da Comunidade Autónoma. Tendo en conta o anterior se presenta unha proposta de novo escenario temporal de cumprimentos dos acordos, con as seguintes bases: • No ano 2010 non se aplicará ningún novo incremento retributivo. • A data limite para o cumprimento de todas as melloras salariais é o ano 2014. • Cada ano a Administraci6n asumirá unha porcentaxe de cumprimento dos acordos, que podera ser maior, se os ingresos da comunidade autónoma se sltuan por encima da porcentaxe sinalada. a) Respecto das melloras salariais previstas para o ano 2010, executándose da seguinte forma: • No ano 2011 abonariase un terzo das melloras • No caso de que os ingresos da comunidade aut6noma se incrementasen nun 5%, aboarase un terzo reais das melloras. • 0 terzo restante quedaría para o ano 2012. Respecto das melloras previstas para o ano 2011 • O primeiro terzo pagaríase no ano 2012 se da contra do ano 2010 estivese pendente soamente un terzo. . Se os ingresos correntes do ana 2012 se incrementasen un 5% pagaríase 0 segundo terzo. • No caso de que non se incrementasen os ingresos correntes na contra sinalada nos anos 2011 e 2012 a contra prevista para o ano 2011 aboaríase no 2013. Respecto das melloras previstas para 0 ano 2012 • a primeiro terzo aboaríase no ano 2013, se os incrementos do ano 2011 e 2012 dos ingresos correntes fosen dun 5%, no caso contrario, este primeiro terzo e os dous restantes terzos aboaríanse no ano 2014.
MARTES 17 ÁS 11 HORAS : HOSPITAL A. MARCIDE ASEMBLEA INFORMATIVA PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA ANALISES PROPOSTA NOVAS MOVILIZACIÓNS
PITADA Á DIRECCIÓN DE ÁREA
12.11.2009
Aproveitando a reunión da Comisión de Participación Cidadá, a Plataforma Sindical Unitaria realizou unha pitada á Dirección da Área Sanitaria en protesta pola decisión do Partido Popular de suprimir os acordos asinados co anterior goberno.
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
MARTES 10: PECHE DE 24 HORAS
Lembramos que o peche remata ás 10:30. Pasade por el e apoiade aos compañeiros pechados.
E aínda estades a tempo de conseguir un plus de altos cargos para toda a vida ou sentarse media hora no sillón de Pilar Farjas participando no concurso "Acerta o Xeroglífico".
MOBILÍZATE NA DEFENSA
DOS TEUS DEREITOS
Imaxes desta mañá
Éxito sen precedente da Orquestra "París de Leixa". Milleiros de persoas agolpáronse na entrada do Campo do Peche do Hospital para presenciar en directo a actuación, que por suposto, non deixou indeferente a ninguén.
Xantar e tarde
Gran cocurso: Acerta o xeroglífico
O xeroglífico está exposto na entrada do Hospital Arquitecto Marcide
Achégate ao peche e participa no concurso
Cartel dos Peches 2009
Primeiras fotos do peche de hoxe...
PLATAFORMA SINDICAL INFORMA:
Bo día, queremos lembrar que mañá iniciamos un peche de 24 horas (de 10:30 horas do martes a 10:30 horas do mércores) na entrada do Hospital Marcide, agardamos a vosa presencia e colaboración como sempre.
Unha vez máis pedimos disculpas ao persoal dos centros de saúde, Hospital Novoa Santos e Naval onde nos foi imposible celebrar asambleas.
DEFENDE OS TEUS DEREITOS DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA
O Goberno da Xunta rompe a Mesa Sectorial, esiximos a convocatoria de xeito inmediato dunha Mesa Sectorial CON CAPACIDADE NEGOCIADORA
Na Mesa Sectorial que se celebrou este vernes 30 de outubro esiximoslle ao Sergas que se tratase como primeiro punto da orde do día a SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS, o Sergas unha vez máis manifesta que foi unha decisión do Goberno da Xunta e que eles non teñen capacidade negociadora nese asunto, sendo isto a primeira vez que acontece no ámbito dunha Mesa Sectorial, órgano máximo de negociación colectiva para o persoal do Sergas.
Ante esta situación a Plataforma Sindical solicita que acuda a persoa do Goberno que teña capacidade para negociar, como a esta petición non acceden, decidimos suspender a Mesa Sectorial ata que recibamos unha convocatoria para tratar a suspensión dos acordos, asunto prioritario para o conxunto de traballadoras e traballadores, e tódolos demáis temas pendentes, para o que a Plataforma Sindical amosa a disponibilidade de sentarnos a negociar na Mesa Sectorial as 24 horas do día.
Lamentamos a rotura por parte da Administración do órgano de representación e negociación dos traballadores e traballadoras do Sergas. LIGAZÓN: a Coz de galicia
MOBILIZACIÓNS PLATAFORMA SINDICAL:
Concentración o luns 2 de novembro ás 11h no Pazo de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela, onde estará a Conselleira presentando a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
NON Á SUPRESIÓN DOS ACORDOS ASINADOS O luns 2 de novembro (día de defuntos...) ás 11:30h, delegadas e delegados dos sindicatos da Plataforma Sindical contra a suspensión dos acordos asinados, recibiron á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas cunha concentración diante do Palacio de Congresos de Santiago con berros de DIMISIÓN e "PILARITA O QUE SE DA NON SE QUITA" "ACORDOS ASINADOS ACORDOS CUMPRIDOS". Segundo ían pasando os altos cargos e responsables dos distintos Centros de Galiza eran saúdados polos manifestantes con berros e asubíos. Unha vez traspasada a porta de entrada ao Palacio de congresos, a Conselleira respondeu as demandas dunha representación da plataforma Sindical comentando que en breve se convocaría unha Mesa Sectorial para tratar a problemática e que consultaría cos responsables económicos as posibilidades de marxe que tiñan. Imaxes que nos mostras os medios de comunicación Ligazón: video compañeiros/as do Barco Ligazón: pax. da web dos compañeiros/as de Vigo Debemos manter e aumentar a presión contra os recortes e polo tanto pedimos a participación activa do persoal nos peches que se van a realizar:
Peches nas Comarcas coa participación do persoal en Asembleas Permanentes durante 24 horas nas seguines datas: •Días 3 e 10 de novembro nas provincias de Lugo e A Coruña. •Días 5 e 12 de novembro nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Concentración diante do Parlamento coincidindo co inicio do debate dos orzamentos.
VENRES 30: ASEMBLEA URXENTE
29.10.2009
PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA
ASEMBLEA URXENTE: VENRES 30 OUTUBRO
SALÓN DE ACTOS
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE ÁS 11:00 Horas
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
MOBILIZACIÓNS polo cumprimento dos acordos asinados
Dende CIG-SAÚDE FERROL, MOITAS GRAZAS a todo o persoal desta área sanitaria que o día 28 se desprazou a manifestación de Compostela.
A Sanidade mobilízase en demanda do cumprimento dos acordos: retributivo, de mellora de Atención Primaria e Saúde Mental, pola defensa da Carreira Profesional, pola consolidación e contratación de persoal, por unha sanidade pública de calidade.
De 4.500 a 5.000 persoas participaron na manifestación, que rematou diante da sede do Sergas As traballadoras e traballadores da Sanidade pública galega sumáronse á manifestación convocada en Compostela en demanda do cumprimento dos acordos asinados en materia retributiva, polo Plan de Mellora da Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.
Ao remate da marcha os representantes das organizacións sindicais convocantes foron recibidos pola Xerente do SERGAS, quen lles explicou que a decisión de conxelar 'sine die' estes acordos fora adoptada polo goberno galego e que ao único que se comprometía era a transmitir as súas demandas. A Xerente do Sergas xustificou ademais a decisión adoptada polo goberno do PP por mor da crise económica e polo elevado número de desempregadas e desempregados que hai no estado
Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, deste xeito, o Partido Popular está facendo que sexan as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega os que paguen unha crise económica que non provocaron, da que tamén son vítimas e que é, ademais, consecuencia das políticas neoliberais que o PP aplicou durante os seus sucesivos mandatos. Para Abuín o máis grave é que nin sequera se di por canto tempo se prevé conxelar estes acordos.
Con esta manifestación, que partiu do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para rematar diante da sede do SERGAS, en San Lázaro, pretendíase presionar ao goberno da Xunta para que os presupostos para o ano 2010 -que xa están entrando na súa última fase de debate en comisión antes de ser definitivamente aprobados en pleno- contemplaran as partidas orzamentarias necesarias para poder efectivizar os acordos asinados. Porén, e dada a resposta da xerente da SERGAS, non hai indicios de que isto vaia ocorrer.
Acordo retributivo
Os orzamentos de 2010 terían que incluír partidas destinadas a cumprir, entre outros, o acordo en materia retributiva, asinado en 2008. Segundo este, recoñecíase que os traballadores e traballadoras da Sanidade Pública galega son dos peor pagados de todos os sistemas de saúde do estado e a Xunta de Galiza comprometíase a aplicar un incremento nas retribucións nun período que ía do 2008 até o 2012. Deste xeito, xa no ano 2010 os traballadores percibirían un incremento nas súas retribucións dunha quinta parte do total en conceptos como nocturnidade, traballos en domingos e festivos e as noites do 24 e 31 de decembro.
Plan de Mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental
Tamén quedan relegados a un futuro incerto os Plans de Mellora de Atencion Primaria e de Saúde Mental.
Existía un acordo, tamén asinado polo goberno galego, no que se contemplaba a necesidade de mellorar a atención primaria. Estaba dirixido, fundamentalmente, a incrementar a capacidade de resolución deste servizo e consistía en incrementar os profesionais para conseguir ratios de doentes máis axeitados ás necesidades dos usuarios. Porén agora queda paralizado. Do mesmo xeito paralízase, ao non prever partidas orzamentarias destinadas a este fin, o Plan de Saúde Mental que era e é, para a CIG, a grande esquecida da sanidade pública.
MANIFESTACIÓN EN VIGO CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
"A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"
O vindeiro xoves 29 de outubro haberá unha gran manifestación en Vigo que sairá do cruce de Gran Vía con Urzaiz as 20h convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo.
Xogámonos moito no futuro se non conseguimos pararlle os pes ao PP para privatizar a sanidade pública, logo será demasiado tarde. A privatización da xestión do novo hospital significa menos recursos humanos, menos contratacións, mais precariedade de servizos e un empeoramento da asistencia sanitaria porque os beneficios empresariais van primar sobre o interese público.
O 29 de outubro participa na gran manifestación en contra da privatización do novo hospital.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública está formada por sindicatos, partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións cidadáns e sanitarias así como concellos afectados da Área Sanitaria.
A presente enquisa ten como obxectivo facer un pequeno estudo sobre a necesidade de liñas de autobuses para os traballadores e os usuarios do Hospital Arquitecto Marcide, do Hospital Profesor Novoa Santos así como do Hospital Básico da Defensa que vivan nos concellos de Ferrol, Narón e Neda.
Con estes datos e mais co traballo realizado ata o de agora, pretendemos conquerir uns novos horarios máis acordes coas necesidades dos traballadores e usuarios dos distintos hospitais.
Nón te levará nen un par de minutos enchela. Ademais, está aberta a participación de todas as persoas interesadas independentemente de que sexan traballadores ou usuarios doutro tipo.
Para poder contestar a enquisa, preme enriba da imaxe.
Participa na enquisa, necesitamos a túa colaboración!!!
PECHE DA PLATAFORMA NA DIRECCIÓN DE ÁREA
26.10.2009
A Plataforma Sindical Unitaria continúa coas mobilizacións para protestar pola decisión do Partido Popular de suspender os acordos retributivos acadados co goberno anterior.
O pasado venres, todos os membros da Plataforma Sindical Unitaria da Área Sanitaria de Ferrol, decidiron unánimemente convocar para hoxe un peche ás 12 da mañá na Dirección de Área.
NON DEIXES DE PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS
O VINDEIRO MÉRCORES 28 MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO
VENRES 23: CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA SUPRESIÓN DOS ACORDOS RETRIBUTIVOS
22.10.2009
Este venres día 23, convocados pola Plataforma Sindical Unitaria, nova concentración contra a supresión por parte do Partido Popular dos acordos retributivos acadados co goberno anterior.
CONCENTRACIÓN VENRES 23
11 HORAS NA ENTRADA DO H. ARQUITECTO MARCIDE
PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS, XÓGASTE MOITO!!!
Aínda estades a tempo de anotarvos ao bus que irá o vindeiro mércores día 28 a Compostela á manifestación convocada pola Plataforma Sindical Unitaria para protestar pola decisión do goberno do Partido Popular de suprimir os acordos retributivos.
POSICIONAMENTO ASEMBLEA CONTRATACIÓNS
21.10.2009
Celebrada hoxe a Asemblea Informativa sobre a nova proposta do SERGAS. Primeiramente explicouse esta nova proposta así como o posicionamento da CIG Saúde ao respecto. Dicir, que finalmente, os traballadores que participaron da asemblea rexeitaron o plantexamento do SERGAS.
ASEMBLEA INFORMATIVA PACTO DE CONTRATACIÓNS
20.10.2009
Mañá día 21 de outubro as 14 horas no salón de actos do H. Arquitecto Marcide celebraremos unha asemblea informativa para abordar, como único tema na orde do día, a nova proposta de pacto de contratacións do SERGAS.
A asemblea é aberta para todo o persoal.
Agardamos a vosa presenza!!!
CONCENTRACIÓN CONTRA A SUPRESIÓN DOS ACORDOS ASINADOS
20.10.2009
Hoxe ás 11 da mañá e convocados pola Plataforma Sindical Unitaria centos de traballadoras e traballadores do SERGAS concentráronse na entrada do Hospital Arquitecto Marcide. Posteriormente levaron á Xerencia a protesta e foron recibidos polo Xerente.
Efectuada hoxe a votación das candidaturas para a elección de asemblearios para a Asemblea Comarcal da CIG. No SERGAS, dun total de 107 votos, 70 destes foron para a candidatura encabezada por Ana Suárez(5 asemblearios) e 37 votos foron para a candidatura encabezada por Julia Lorenzo(2 asemblearios).
A mesa da Privada e Restos non chegou a constituirse por falta de afiliados para constituir dita mesa.
Desde CIG SAÚDE FERROL, agradecer a participación a todos os afiliados que se achegaron nesta xornada para efectuar o seu voto.
MARTES 20: CONCENTRACIÓN CONTRA A SUPRESIÓN DOS ACORDOS RETRIBUTIVOS
19.10.2009
Este martes día 20, convocados pola Plataforma Sindical Unitaria, continuamos coas mobilizacións contra a supresión por parte do Partido Popular dos acordos retributivos acadados co goberno anterior.
CONCENTRACIÓN MARTES 20
11 HORAS NA ENTRADA DO H. ARQUITECTO MARCIDE
PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS, XÓGASTE MOITO!!!
VOTACIÓN PARA A ASEMBLEA COMARCAL
18.10.2009
Dentro do proceso asembleario no que estamos inmersos neste momento no sindicato, chega a hora das votacións ás candidaturas para a elección dos delegados que participarán na Vª Asemblea Comarcal que se celebrará o vindeiro 28 de novembro.
Os afiliad@s están convocados mañá luns 19 de outubro as votacións que se celebrarán de 11:30 horas a 18:30 no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide para @s traballador@s do SERGAS e no mesmo horario pero no Local Comarcal(Esteiro) para a privada e os restos.
Achégate a votar...Participa do teu Sindicato!!
OPE SERGAS: GALEGO
LISTAS DEFINITIVAS DE EXENTOS DE GALEGO
hoxe DÍA 15 DE OUTUBRO publicarase na páxina web do sergas as listaxes DEFINITIVAS de aspirantes exentos de realizar a proba de coñecemento da lingua galega das categorías de: - Mecánico/a - fontanero/a - Lavandero/a - Pasador/a de ferro - Técnico/a xestión de sistemas e T.I. - Logopeda- Técnico/a especialista de sistemas e T.I. - Albanel O vindeiro luns publicaranse as listaxes provisionais de aspirantes exentos de realizar a proba de gallgo das categorías cuxos exericios se realizarán no mes de novembro. Por último o martes, día 20 publicarase as listaxes DEFINITIVAS de aspirantes exentos de relizar a proba de galego dos aspirantes das categorías cuxos exercicios se realizarán os días 23, 24 e 35 de outubro.